martes, 30 de julio de 2019

Carreira Save of the children e visita de Martín de Corme






   O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, levando a cabo a Carreira solidaria "Save of the children", que é unha ONG que  loita polos dereitos dos nenos/as máis desfavorecidos, traballando para que tódolos nenos/as teñan asegurado o seu dereito a saúde adecuada, a unha educación de calidade e á protección frente calquera forma de violencia. Grazas a esta carreira recadamos cartos que enviamos a esta ONG para aportar o noso grao de area para axudar a nenos/as en situación de exclusión social.


Este día tamén celebramos unha  Xornada de acercamento ó tenis adaptado, coa presencia de Martín de Corme ( tenista profesional paraolímpico) e ademáis tivemos a oportunidade de probar unha bicicleta paralímpica.





                                     





 







miércoles, 3 de julio de 2019

Campionato de bólas



    No ultimo trimestre tamén xogamos as bólas. Inicialmente fixemos unha liga por cursos, na cal se clasificaron tres nenos/as por aula. Posteriormente, nun recreo os tres representantes de cada curso xogaron un torneo. Pola súa parte, os nenos e nenas de Educación Infantil xogaron a meter a bóla no ollo no menor número de golpes posibles. En Educaci'on infantil gañaron Nicolás e Jose Manuel, mentras que en Educación primaria gañaron Alberto Turnes, Braian e Ángel. Encántanos practicar os xogos dos nosos antepasados. Son divertidísimos!!























VISITA ÁS PISTAS DE ATLETISMO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO


      O pasado 14 de xuño os nenos e nenas do Ceip Bormoio-Agualada visitaron as instalacións de atletismo da Universidade de Santiago, grazas ó Club de atletismo Fonte do Sar. Os nenos/as de 3º a 6º practicaron diferentes modalidades deportivas como carreira de 100 m, lanzamento de peso, lanzamento de xabalina, salto de lonxitude, salto de altura, relevos, etc. Posteriormente, ó longo da mañá chegaron os cativos e cativas de Educación Infantil e de 1º e 2º, e tamén poideron disfrutar de varias actividades deportivas nesta fantástica instalación. Desta forma poidemos acercar as diferentes modalides deportivas do atletismo ós nenos/as traballándoas in situ.







































FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Boas nenos e nenas!!!!!  Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso: Con este vídeo despídome de vos, deséx...