Mostrando entradas con la etiqueta psicomotricidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta psicomotricidade. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de junio de 2020

#EuMóvomeNaCasa..............PEQUENOS IOGUIS!

Boas nenos e nenas!!!!!

Como estades?? Estou recibindo os vídeos dos vosos circuítos e non me poden gustar máis!! Sodes uns cracks e súper creativos👏🏽👏🏽😜
Pronto compartireinos por aquí para que todos os vexades, e os que todavía non os mandastes podedes seguir facéndoo e sorprenderme!!!! 

Como xa sei que agora que podemos saír e facer deporte na rúa, estades correndo moito, saltando, xogando coas pelotas, coa bici, nadando...., hoxe propóñovos unha sesión de Ioga.
Así traballaremos a concentración, a flexibilidade, control do noso corpo e a relaxación. 

Déixovos uns cantos vídeos e propostas e podedes realizar a que máis vos guste!!!! Anímovos a que o fagades xa que así veredes o ben e relaxado que queda o corpo despois de facer Ioga. Ademais  coma sempre, podedes facelo sos ou cos vosos familiares ou amigos!!!! 

1. Saúdo ao sol e posturas de animais: 


2. Sesión de Ioga: podedes aguantar 10-15 segundos cada postura se 30 se vos fai moito.  


3. Conto con posturas de IOGA: 



4. Sesión de Ioga para nenos e nenas (moi completa): 

 

Comparto tamén o meu vídeo facendo Ioga 😉🧘🏽‍♀️


ÁNIMO E NAMASTÉEE !
😉💪🏽🙏🏽



jueves, 28 de mayo de 2020

#EumóvomeNaCasa..........Psicomotricidade

Boas nenos e nenas!

Hoxe déixovos un circuito de psicomotricidade para os nenos e nenas de educación infantil.




Espero que vos guste e se o realizades podedes enviarme as vosas fotos ou vídeos realizandoo. 


ÁNIMO  E A MOVERSEEEE!!!
😉💪🏽

miércoles, 13 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa.......Psicomotricidade

Boas nenos e nenas!! 
Hoxe deixo unha sesión para os nenos e nenas de infantil, aínda que tamén a podedes realizar os do primeiro ciclo de primaria (1º e 2º). 



Primeiro comezaremos quentando e movendo todo corpo bailando a seguinte canción, estade moi atentos e ide facendo o que se vos indica!! 




Agora propóñovos o seguinte xogo: 





E por último volvemos á calma aprendendo a atar os cordóns, aquí déixovos dous vídeos que vos poden axudar. 





ÁNIMO A MOVERSE E A DIVERTIRSEEE!!!! 
😉💪🏽

viernes, 3 de abril de 2020

#EuMóvomeNaCasa...... SALTA, SALTA, SALTA SEN PARAR!!!!

Boas nenos e nenas!!

Os saltos e a comba son unha boa alternativa para moverse nestes días de confinamento. Por iso, tras o éxito que tiveron os retos da comba ao longo deste trimestre e como moitos de vós xa completáchedes todos os niveis, hoxe tráiovos unha nova versión de RETOS DE COMBA individuais un pouquiño mais complexos que podedes realizar nas vosas casas.  



ATREVÉDESVOS CON ELES??? 




Clicade na imaxe para descargalos e se tedes calquera dúbida podedes escribirme e tentarei resolvela mandándoos un vídeo explicativo. Tamén vos recordo que podedes mandarme vídeos ou fotos facendo os vosos retos. Aproveitade as vacacións de semana santa para practicalos!!




Ademais aquí deixovos unhas propostas de xogos con cordas para os nenos e nenas máis pequenos: 




ÁNIMO E A MOVERSEEEE!!!!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Boas nenos e nenas!!!!!  Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso: Con este vídeo despídome de vos, deséx...