lunes, 30 de marzo de 2020

#EuMóvomeNaCasa... 14 DÍAS - 14 RETOS


Moi boas nenos e nenas!!

Hoxe xa fan 14 días que comezou esta nova “aventura” na casa. Espero que o esteades levando ben e que as actividades e retos que vos vou propoñendo vos sexan de axuda para pasar bos momentos a través do movemento.
Se seguistes o traballo proposto, xa deberiades ter completados os 14 retos (ou polo menos intentados), polo que a continuación déixovos outros 14 retos para os próximos 14 días. Acordádevos de ir anotando os retos que ides superando e recordade que si queredes podedes mandarme os vídeos ou fotos realizándoos. Tamén podedes consultarme calquera dúbida ou mandarme retos propostos por vós.  Anímovos a que os realicedes e sobre todo que os divirtades moito facéndoos!!!!








MOITO ÁNIMO QUE XA QUEDA UN DÍA MENOS PARA VERNOS E...

A MOVERSEEE!!


jueves, 26 de marzo de 2020

#EuMóvomeNaCasa....... BAILA COMO SE NINGUÉN TE ESTIVERA VENDO!


Boas nenos e nenas de Agualada!!

Como imos? Espero que ben e que continuedes movéndoos moito na casa. 

Hoxe propóñovos un RETO ESPECIAL! coñecedes o divertidisimo baile do cadrado?

Premendo Aquí tedes a coreografía do baile, como vedes é un baile moi sinxelo que todos e todas os nenos e nenas do cole podedes realizar, desde infantil ata 6º. Soamente tedes que ir seguindo os pasos que se vos indica e divertiros moito!

o RETO consiste en bailar a coreografía, sos ou con quen queirades, gravar un vídeo e mandalo ao meu correo. As córeos mais orixinais recibirán unha sorpresa! Ah, e non vos esquezades de ser creativos coas vosas vestimentas!

Quen se atreve?

Ademais, gustaríame compartir con vós, diferentes recursos que podedes encontrar online para bailar. O baile é unha boa forma de mover o esqueleto ao mesmo tempo que vos divertides! Premendo nos seguintes nomes, deixovos os vídeos das miñas cancións favoritas pero dentro da plataforma de Youtube tanto no "cantajuegos" para os mais pequenos, como "just dance" para os de primaria, podedes encontrar un montón de cancións e elixir as que mais vos gusta. 




“EL CANTAJUEGO”:  







“ZUMBA KIDS”



JUS DANCE DISNEY: 






JUST DANCE ACTUAL










ÁNIMO E A MOVER O ESQUELETOOOO!!!!

lunes, 23 de marzo de 2020

#EuMóvomeNaCasa RETOS DE COMBA

Boas nenos e nenas de Agualada!!

Como levades iso do confinamento?? Espero que o esteades levando ben e o mais importante... que os esteades movendo moito na casa!!
Recordade de ir facendo os retos propostos e de ir anotando o número do reto superado co día no que o facedes. Ademais na páxina web do cole tedes o meu correo e estaría encantadísima de recibir vídeos ou fotos vosas facéndoos. 
Tamén podedes contarnos as vosas experiencias no apartado de comentarios ou propoñer novos retos ou novas formas de moverse inventadas por vós. Se o preferides tamén mas podedes mandar ao correo e eu as comparto. Estou segura de que tedes grandes ideas!!!! 😀

Parece que isto vaise a alargar máis do que pensábamos... e por iso vou a ir actualizando o blogue constantemente ofrecéndovos novas propostas de actividades, xogos e exercicios que poidades realizar nos vosos fogares, xa que é moi moi moi importante a práctica de actividade física nestes momentos para manternos sans e fortes. 

Hoxe vos traio os retos da comba que ao longo deste trimestre os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º estiveron practicando.  Podedes seguir practicando e animo aos de 5º e 6º para que os fagan (se os resultan moi fáciles multiplicades o número de repeticións de cada reto por 2; por exemplo no R1 en vez de dar 5 saltos seguidos dades 10). E estade atentos porque estes días subirei unha nova versión de retos coa comba 😜




Seguramente non todos teñades comba na casa así que tamén os deixo dous tutoriais para facer unha comba caseira reciclada.

Comba con bolsas de plástico

Comba con envases de iogur e soga



ÁNIMO E A MOVERSEEEE!!! 

lunes, 16 de marzo de 2020

#EuMóvomeNaCasa..... 14 DÍAS- 14 RETOS

Estes días están sendo un tanto especiais e a situación actual fai que non poidamos continuar coas nosas clases de educación física habituais. 

Para evitar que o virus se expanda, pídennos que quedemos na nosa casa e cancelemos as nosas actividades físicas habituais... peeroo...  Quen dixo que estar na casa impide a práctica de exercicio físico???
Desde aquí gustaríame recordarvos a importancia de que os movades, de facer actividade física xa que como ben sabedes é moi importante para a vosa saúde, e estar moito tempo no sofá vendo a TV, tablet consolas.... pode ser moi prexudicial para vós. 

Por iso, vos propoño 14 divertidos retos físicos para realizar na casa, un para cada día. Podedes practicalos e repetilos tantas veces como queirades ata conseguilos, sos ou con vosos familiares. 
Podedes facelos na orde que queirades, segundo os vaiades conseguindo ide anotando nun folio o número do reto coa data do día. Ademais vos invito, se podedes, a que fagades fotos ou vídeos que o demostren e mandalos ao meu correo, 
Estarei encantada de recibilos!!!

VOS ATREVEDES????







Aquí vos quedan e recordade....

MÓVETE NA CASA!


ENCONTROS DEPORTIVOS


O pasado luns 9 de marzo os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria tivemos a oportunidade de asistir a unha xornada de convivencia deportiva ao CEIP Canosa Rus, gracias ao programa XOGADE, enmarcado dentro do noso proxecto deportivo de centro.
Nela podemos realizar diferentes xogos deportivos xunto cos nenos e nenas dos diferentes coles do concello de coristanco (CEIP canosa-rus e CPI Xosé Pichel). Para realizalos os nenos/as dos tres centros educativos mesturáronse para facer 10 equipos. Ao longo da mañá foron rotando para realizar os diferentes xogos:





Despois de xantar, tivemos a oportunidade de visitar a maravillosa biblioteca do ceip Canosa Rus, onde os nenos/as de 5º tiñan preparadas unha serie de actividades e xogos moi interesanres relacionados coa robótica,  impresora 3D, realidad aumentada, búsqueda do tesouro dixital, xogos de mesa, talleres MAKER….
Foi un día xenial nos que compartimos moitas risas e fixemos novos amigos e amigas! Esperamos que pronto se poda repetir xa que temos moitas ganas de facer outra….. 











FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Boas nenos e nenas!!!!!  Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso: Con este vídeo despídome de vos, deséx...