jueves, 30 de abril de 2020

#EuMóvomeNaCasa........Reto 3: lanzo e recollo

Boas nenos e nenas!!!!

Hoxe é xoves e por tanto aquí vos deixo o Reto 3. Espero que vos guste e que vos divirtades facéndoo!!!! 

Estades listos???




Como vedes eu utilicei como material un rolo de papel hixiénico porque seguro que todos tedes un na casa 😁,  pero tamén podedes usar unha pelota, uns calcetíns, un coxín ou o que se vos ocorra!!!!!!😉😉

ÁNIMO E A MOVERSEEE!!!

martes, 28 de abril de 2020

#EuMóvomeNaCasa................Día da EF na casa

Boas nenos e nenas!!!! 

Hoxe é un día especial, porque é o Día da Educación Física na Casa, sisi na casa. Normalmente se celebra o día da Educación Física na calle e se sacan as sesións de EF dos coles á rúa. Como este ano non pode ser posible, celebrámola na casaa!




Por iso hai que demostrar ao mundo que a nosa EF pode con todo e que aínda que non tiñamos cole nós movémonos igual. 
Para celebralo, déixovos unha sesión de educación física feita por a profe Josune Rodríguez, que é moi moi moi divertida e completa. Disfrutade moito con elaa!!! para vela premade no seguinte enlace: 




ÁNIMO E A MOVERSEEEE!!!


lunes, 27 de abril de 2020

#EuMóvomeNaCasa.............................RETO 2: EQUILÍBRATE

Boas nenos e nenas!

Hoxe temos boas noticias!!!! e que desde onte, este confinamento xa é un pouquiño diferente para vos, xa que podedes saír a pasear e xogar, sempre cunha actitude responsable e respectando as normas do confinamento. Aproveitade para sacar as vosas bicis, patíns ou patinetes e movervos por fora das vosas casas!!! e se non tedes, camiñade, correde, móveos de diferentes formas....  pero saír e mover esas pernas!!!!!

En relación aos retos, moitos de vos sé que conseguíchedes superar algúns dos pasos do reto anterior, espero que todos o superarades. Hoxe vos traio o primeiro reto desta semana un  pouquiño mais sinxelo que o primeiro. 

ESTADES LISTOS?




Tede paciencia para conseguilo e lembrade de mantervos nesas posicións sen moverse o maior tempo posible.  Espero as vosas fotos!! 😉😉



ÁNIMO E A MOVERSEEE!!

jueves, 23 de abril de 2020

#EuMóvomeNaCasa................... RETO 1: LIBRO EQUILIBRISTA



Boas nenos e nenas!!!

Aquí vos traio o primeiro reto do 3º trimestreee!!
Como xa sabedes, hoxe e o Día do Libro. Desde educación física tamén queremos conmemorar este día tan importante xa que un libro pode ser un bo compañeiro para estes días na casa co que deixar levar a nosa imaxinación. Por iso é preciso darlle ese protagonismo que merece.

Pois ben.... desde EF  desafíovos a utilizar un libro dunha maneira un pouquiño diferente.....


ESTADES LISTOS??


Cres que serás capaz de conseguilo? Eu penso que sii!! solo necesitas moita paciencia e concentración!! ah! e recorda manter a espalda sempre recta 😉



ÁNIMO E A MOVERSEEEEEEEEE!!!! 

martes, 21 de abril de 2020

EuMóvomeNaCasa........ 3º trimestre EF



Boas nenos e nenas!

Hoxe déixovos un vídeo contándovos novidades!!!!!!!!




Ao longo do día de hoxe mandareivos un correo para que gardedes o meu mail. De momento podedesme ir enviando información sobre os  retos que fun mandando estes días, o xoves colgarei o primeiro reto deste trimestre.





ÁNIMO E A MOVERSEEEEEEE!!!!

viernes, 17 de abril de 2020

#EuMóvomeNaCasa............... Acrosport


Bo día nenos e nenas!

Espero que todos e todas vós e as vosas familias esteades moi ben e que sigades movéndoos moito na casa. Como van eses retos??? Tendo en conta que a semana pasada foron vacacións de Semana Santa,  agora deberiades estar rematando a segunda franxa de retos que vos mandei.
Por se xa os rematastes, quería propoñervos unha nova actividade relacionada cun deles. O reto 6, consistía en facer coa axuda da vosa familia e cos vosos corpos as diferentes letras do abecedario: 




Se ides sacando fotos as letras que formades co corpo, e logo as xuntades nun mesmo documento, podedes crear palabras ou oracións e incluso trasmitir unha mensaxe. No seguinte vídeo móstrovos como os compañeiros de 5º e 6º o fixeron ao longo deste trimestre. Foi moi divertido!!!! Anímovos a que o probedes coa axuda dos vosos irmáns, nais, pais, avós, avoas sempre tendo en conta e respectando as condicións deste confinamento.    




Ademais gustaríame resaltar o traballo destes nenos e nenas, xa que, con esforzo e dedicación e colaborando entre eles, chegaron a construír grandes figuras e pirámides co corpo. Esta técnica denomínase
 Acrosport, que é un deporte a que combina a formación de figuras, pirámides e acrobacias co corpo. 
Como estou segura de que votades moito de menos aos vosos compañeiros e compañeiras, fixen un vídeo coas fotos que fostes sacando e así recordar os bos momentos que pásachedes xuntos. Disfrutade do vídeo!




ÁNIMOOOO E A MOVERSEEEE!!!


viernes, 3 de abril de 2020

#EuMóvomeNaCasa...... SALTA, SALTA, SALTA SEN PARAR!!!!

Boas nenos e nenas!!

Os saltos e a comba son unha boa alternativa para moverse nestes días de confinamento. Por iso, tras o éxito que tiveron os retos da comba ao longo deste trimestre e como moitos de vós xa completáchedes todos os niveis, hoxe tráiovos unha nova versión de RETOS DE COMBA individuais un pouquiño mais complexos que podedes realizar nas vosas casas.  



ATREVÉDESVOS CON ELES??? 




Clicade na imaxe para descargalos e se tedes calquera dúbida podedes escribirme e tentarei resolvela mandándoos un vídeo explicativo. Tamén vos recordo que podedes mandarme vídeos ou fotos facendo os vosos retos. Aproveitade as vacacións de semana santa para practicalos!!




Ademais aquí deixovos unhas propostas de xogos con cordas para os nenos e nenas máis pequenos: 




ÁNIMO E A MOVERSEEEE!!!!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Boas nenos e nenas!!!!!  Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso: Con este vídeo despídome de vos, deséx...