Boas nenos e nenas!!!!! Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso:
Con este vídeo
despídome de vos, deséxovos o mellor a todos e a todas!!! tamén quero
felicitarvos polo grandísimo traballo que estivechedes a facer durante este
trimestre tan extraño. Sodes uns campeóns e campeonas!!!!!!
Pasade
moi bo verán, xogade moito e facede moito exercicioooooo!!!!!!!!!
Como estades? xa estamos na penúltima semana do curso... que rápido pasou todo verdade? hoxe tráiovos unha boa noticia...
Pensabades que este ano non iamos a ter o festival de fin de curso?? pois... estabades equivocados!!!
A excepcional situación que estamos a vivir non vai impedir que fagamos o noso gran festival.
Todos os vosos talentos unidos levarán a diante o festival de fin de curso deste curso 2019-2020. O día 19 de xuño poderedes velo nos soportes web do CEIP Bormoio Agualada.
Queres participar? soamente debes buscar o teu talento, gravar un vídeo e mandalo antes do domingo 14.
Aquí tedes o cartel promocional, preme na imaxe e terás as instrucións para participar....
Todos tedes un talento oculto.... pensa e o encontrarás, por se non se te ocorre ningún, desde educación física déixovos estas propostas que podedes ter como base para crear as vosas actuacións 😉
Preme na imaxe para acceder ao documento e ver os vídeos
Como
estades?? Estou recibindo os vídeos dos vosos circuítos e non me poden gustar máis!!
Sodes uns cracks e súper creativos👏🏽👏🏽😜
Pronto
compartireinos por aquí para que todos os vexades, e os que todavía non os
mandastes podedes seguir facéndoo e sorprenderme!!!!
Como
xa sei que agora que podemos saír e facer deporte na rúa, estades correndo moito, saltando, xogando coas pelotas, coa bici,
nadando...., hoxe propóñovos unha sesión de Ioga.
Así
traballaremos a concentración, a flexibilidade, control do noso corpo e a
relaxación.
Déixovos
uns cantos vídeos e propostas e podedes realizar a que máis vos guste!!!!
Anímovos a que o fagades xa que así veredes o ben e relaxado que queda o corpo
despois de facer Ioga. Ademais coma sempre, podedes facelo sos ou cos vosos familiares ou amigos!!!!
1. Saúdo ao sol e posturas de animais:
2. Sesión de Ioga: podedes aguantar 10-15 segundos cada postura se 30 se vos fai moito.
3. Conto con posturas de IOGA:
4. Sesión de Ioga para nenos e nenas (moi completa):