Mostrando entradas con la etiqueta EuMóvomeNaCasa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EuMóvomeNaCasa. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de junio de 2020

#EuMóvomeNaCasa....................Os vosos vídeos

Déixovos os pedazo circuitos que me mandaches e realizachedes!!! Están todos xenial!!!!


ALEJANDRO 2º


JOEL 2º



MANUEL E VALENTÍN 3º



MANUEL 4º




MOITAS GRACIAS E PARABÉNS!!!!!
😉💪🏽

#EuMóvomeNaCasa..................Os vosos vídeos



RETO 5: SHOESCHALLENGE


TOMÁS 3º


RETO 8: XOGOS TRADICIONAIS


ALEJANDRO DE 2º XOGOU AS CANICAS E AO TROMPO


VALENTÍN 3º XOGANDO A TROMPO!




MANUEL 3º TAMÉN CO TROMPO




MANUEL DE 4º XOGOU COA SÚA NAI A MARIOLA




RETO 9:  RITMOS

JOEL 2º CREOU OS SEUS PROPIOS RITMOS, ESTÁN XENIAL!


MANUEL 3º


VALENTÍN 3º


MANUEL 4º




PARABÉNS E GRACIASSSS !!!! 
😉💪🏽

miércoles, 27 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa......... RETO 10: INVENTA O TEU CIRCUITO


Boas nenos e nenas!!!!

Por fin tráiovos o Reto 10! Teredes que poñer en práctica todo o aprendido durante o curso e durante este trimestre na casa.

Listos??? 




Teño que dicirvos que este será o ultimo reto que vos propoña... xa que co bo tempo que esta a facer e según me comentades, estades facendo deporte e xogando pola vosa conta con amigos e familiares. Aínda así, non deixedes de estar atentos ao blogue, xa que seguirei subindo xogos e propostas de actividade física para xogar na casa!!!!!!
Tamén podedes seguir enviándome fotos ou vídeos dos retos anteriores, ou mandarme retos inventados por vos!!! 

A MOVERSEEEE E DIVERTIRSEEEE!!!!
😉💪🏽


viernes, 22 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa........Vídeos


Déixovos por aquí os vídeos recibidos dos retos das semanas anteriores....


RETO 3:

TOMÁS 3º



RETO 4: 

ALEJANDRO 2º




RETO 5:

DAVID 1º



HUGO 2º




ALEJANDRO 2º

                                         


XABI DE 2º NOS CONTA QUE LLE GUSTOU MOITO E QUE SALTOU 4 ZAPATILLAS!

MANU 4º


RETO 6: 

DAVID 1º


ALEJANDRO 2º




JOEL DE 2º QUE NOS CONTA QUE CONSEGUIU 76 PUNTOS!!!




MANUEL E VALENTÍN 3º




MANUEL 4º


SAMUEL 6º



PARABÉNS A TODOS E GRACIASS!!!!
 😉💪🏽

jueves, 21 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa.......RETO 9: RITMOSS!

 Boas nenos e nenas!!!

Hoxe déixovos o reto 9 que é moi sinxelo e divertido!!!!! imos a traballar a coordinación e a percepción do ritmo. Imitade os ritmos que vos propoño e mandarme o que mais os guste e un creado por vós. 





Espero que vos gustee e que vos divirtades!!!

ÁNIMOO E A MOVERSEEE!!
😉💪🏽

lunes, 18 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa....... RETO 8: XOGOS TRADICIONAIS

Boas nenos e nenas!!

Hoxe seguimos celebrando o Día das Letras Galegas, e por iso o Reto 8 consistirá en practicar distintos xogos tradicionais da nosa cultura. 
Lembrades o que son os xogos tradicionais? Son eses xogos que practicaban os nosos antepasados, é dicir os xogos aos que xogaban os vosos pais/nais, avós/avoas...
Aquí deixovos algúns deles, picade na imaxe para premer nos debuxos e ver os vídeos explicativos de cada un deles ou de cómo elaborar o material para xogar a eles.  




O reto 8, consistirá en practicar algún destes xogos que vos propoño, ainda que tamén podedes preguntarlle aos vosos avós/avoas, pais/nais a qué xogaban cando eran nenos e nenas coma vós, e mandarme un vídeo, foto, explicación ou debuxo das vosas propostas. 


ÁNIMO E A XOGARR!!!! 
😉💪🏽



jueves, 14 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa............RETO 7: MUIÑEIRA

Boas nenos e nenas!!!

Esta semana celébrase as Letras Galegas, e por iso desde educación física imos a somerxernos na nosa cultura galega. O faremos a través do baile típico de Galicia: a Muiñeira.
Dese o Ceip Canosa Rus, a mestra Ana de educación física fixo este marabilloso vídeo no que ensina os distintos ritmos e pasos necesarios para bailar a Muiñeira. 
O reto de hoxe por tanto, consiste en que fagades as tarefas que vos propón para coller o ritmo e finalmente bailar parte da muiñeira. Como veredes vaivos avisando ata onde debedes aprender por cursos e se ides aos 2 últimos minutos, teredes a música (en vivo) para poder bailala.




Anímovos a que o fagades sós ou coa vosa familia xa que é unha moi boa oportunidade para aprender a bailar a muiñeira e ao mesmo tempo é moi divertidoo!!
E se xa sabedes ou coñecedes outro tipo de muiñeira tamén podedes mandarma!

ÁNIMO E A BAILARRR!!!!!!! 
😉💪🏽

lunes, 11 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa............ Reto 6: punterías

Boas nenos e nenas!!! 

Comezamos unha nova semana e con ela déixovos o Reto 6. Este vai de lanzamentos e de precisión, como levades a puntería??


Estades listos??


Espero que vos guste e o disfrutedess 🎯⚾⚾⚾


ÁNIMO A MOVERSE E A DIVERTIRSEEE!!!! 
😉💪🏽

viernes, 8 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa..... Vídeos


Boas nenos e nenas!!! 
Como van indo eses retos?? Déixovos por aquí os vídeos que fun recibindo ao longo desta semana. O estades facendo xenial!!!!!! 


RETO 1

NOA 2º



TOMÁS 3º




RETO 3

ALEJANDRO 2º



HUGO 2º



LUANA 3º







MANUEL 4º: 




AMANDA 5º




RETO 4

HUGO 2º




LUANA 3º

 

MANUEL 4º



AMANDA 5º






En representación a 6º, temos a súa profe Miriam, a ver se anima aos seus alumnos e alumnas a participar 😜





Gracias a todos e a todas por compartir os vosos vídeos!!!!!!  Seguide así!!!! 💪🏽😉


ÁNIMO E A MOVERSEEEE!!!




jueves, 7 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa..... RETO5: shoeschallenge

Boas nenos e nenas!!! 

Xa tedes o novo reto de esta semana.

Con este reto imos a traballar o tren inferior do corpo en gran medida e a forza explosiva, polo que para evitar lesións imos a quentar antes de realizalo. 
Aquí vos deixo un pequeno Quecemento: 

QUECEMENTO RETO5 EF from CEIP Bormoio Agualada on Vimeo.


Ademais e aconsellable que o fagades nun terreo brando, se tedes a posibilidade de facelo sobre herba mellor. Se non no pasa nada! Aí o tedes! 

Ide engadindo unha ou dúas zapatillas por cada salto, ata que vexades que xa non sodes capaces de saltar máis. Para evitar problemas á hora de mandarme os vídeos, podedes enviar soamente os últimos saltos ou unha foto da fila de zapatillas que conseguiches saltar. 
Cando rematedes de facelo e necesario estirar, déixovos un vídeo: 




ÁNIMO A MOVERSE E A DIVERTIRSEEE!!! 
😉💪🏽

domingo, 3 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa

Boas nenos e nenas!!!!

Hoxe déixovos unha pequena mostra de como ides conseguindo eses retoss!!! O estades facendo moi ben campeóns! Seguide así!!!






Parece que as outras profes comezan a animarse a facer os retos 🤭



Gracias mestra Laura !!!!!  😊👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽



Tamén déixovos dous retos que vos propón María de 4º , a ver quen se anima a facelos!! 😉








Gracias Maríaaa!!!!!!😄😊😊😊



ÁNIMO E A MOVERSEEE!!!

jueves, 26 de marzo de 2020

#EuMóvomeNaCasa....... BAILA COMO SE NINGUÉN TE ESTIVERA VENDO!


Boas nenos e nenas de Agualada!!

Como imos? Espero que ben e que continuedes movéndoos moito na casa. 

Hoxe propóñovos un RETO ESPECIAL! coñecedes o divertidisimo baile do cadrado?

Premendo Aquí tedes a coreografía do baile, como vedes é un baile moi sinxelo que todos e todas os nenos e nenas do cole podedes realizar, desde infantil ata 6º. Soamente tedes que ir seguindo os pasos que se vos indica e divertiros moito!

o RETO consiste en bailar a coreografía, sos ou con quen queirades, gravar un vídeo e mandalo ao meu correo. As córeos mais orixinais recibirán unha sorpresa! Ah, e non vos esquezades de ser creativos coas vosas vestimentas!

Quen se atreve?

Ademais, gustaríame compartir con vós, diferentes recursos que podedes encontrar online para bailar. O baile é unha boa forma de mover o esqueleto ao mesmo tempo que vos divertides! Premendo nos seguintes nomes, deixovos os vídeos das miñas cancións favoritas pero dentro da plataforma de Youtube tanto no "cantajuegos" para os mais pequenos, como "just dance" para os de primaria, podedes encontrar un montón de cancións e elixir as que mais vos gusta. 




“EL CANTAJUEGO”:  







“ZUMBA KIDS”



JUS DANCE DISNEY: 






JUST DANCE ACTUAL










ÁNIMO E A MOVER O ESQUELETOOOO!!!!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Boas nenos e nenas!!!!!  Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso: Con este vídeo despídome de vos, deséx...