domingo, 25 de agosto de 2019

XORNADA DE CONVIVENCIA DEPORTIVA




        A finais do segundo trimestre, realizamos unha convivencia deportiva entre os alumnos/as do terceiro ciclo do Ceip Bormoio-Agualada, o CPI Alcalde Xosé Pichel e o Ceip Canosa Rus.  As actividades deportivas leváronse a cabo neste último centro. Nesta convivencia os nenos/as dos tres centros educativos mesturáronse para facer dez equipos. Estes dez equipos practicaron diferentes actividades físicas entre eles, como os dez pases, actividades na biblioteca, o xogo de roubar os conos, pelota sentada e brilé. Despóis de xantar tivemos a oportunidade de visitar a fantástica biblioteca do Ceip Canosa-Rús para realizar diferentes xogos relacionados coa robótica, e asistir a representación dunha magnífica obra de teatro representada por algúns nenos/as deste centro.  Foi un día xenial, no cal fixemos moitos amigos e amigas! Témolo que repetir para o seguinte curso!























CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS



Este curso o Ceip Bormoio-Agualada decidiu participar nunha competición de campo a través. A primeira proba (fase comarcal) celebrouse en Carballo o 30 de novembro. Acudiron máis de 40 nenos/as do noso centro dende 3º a 6º de Educación Primaria. Nesta primera fase quedou primeiro na categoría de benxamín masculino Iván Porteiro Souto, clasificándose desta forma para a seguinte proba. A segunda proba (fase intercomarcal) celebrouse o 26 de xaneiro do 2019 na Coruña, e na mesma participou un alumno clasificado da fase anterior, clasificándose para a derradeira fase final, que se celebraría no circuito de Barallobre,  na cal conseguiría o primeiro posto, quedando campión provincial. Noraboa a todos e todas os alumnos/as por participar!!

















FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Boas nenos e nenas!!!!!  Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso: Con este vídeo despídome de vos, deséx...