Mostrando entradas con la etiqueta xogade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogade. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de marzo de 2020

ENCONTROS DEPORTIVOS


O pasado luns 9 de marzo os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria tivemos a oportunidade de asistir a unha xornada de convivencia deportiva ao CEIP Canosa Rus, gracias ao programa XOGADE, enmarcado dentro do noso proxecto deportivo de centro.
Nela podemos realizar diferentes xogos deportivos xunto cos nenos e nenas dos diferentes coles do concello de coristanco (CEIP canosa-rus e CPI Xosé Pichel). Para realizalos os nenos/as dos tres centros educativos mesturáronse para facer 10 equipos. Ao longo da mañá foron rotando para realizar os diferentes xogos:





Despois de xantar, tivemos a oportunidade de visitar a maravillosa biblioteca do ceip Canosa Rus, onde os nenos/as de 5º tiñan preparadas unha serie de actividades e xogos moi interesanres relacionados coa robótica,  impresora 3D, realidad aumentada, búsqueda do tesouro dixital, xogos de mesa, talleres MAKER….
Foi un día xenial nos que compartimos moitas risas e fixemos novos amigos e amigas! Esperamos que pronto se poda repetir xa que temos moitas ganas de facer outra….. 











lunes, 3 de febrero de 2020

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro para conmemorar o día da paz e non violencia, organizamos  no pavillón de Agualada, unha xornada de convivencia co alumnado do noso cole e do CEIP As Forcadas de Corme.
Nela, os nenos e nenas dos dous centros participaron nunha carreira cooperativa solidaria, na que por equipos tiñan que conseguir un número de voltas entre todos os membros.
Para iso podían dar voltas ao circuito das seguintes formas:
- Voltas correndo cara diante (x1)
- Voltas cara atrás (x2)
- Voltas ao cabaliño (x3)
- A silla da raíña (x3)

Desta forma entre todo o equipo tiñan que ir sumando ata que conseguian 100 puntos en total.
Foi unha carreira diferente e moi divertida, na que compartimos moitos bos momentos.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada, recordade que podedes velas todas na páxina web do noso cole















Desde aquí queremos agradecer a vosa implicación na carreira e a colaboración entre todos os compañeiros e compañeiras, totalmente necesaria para superala.

Ademais coa realización desta carreira e gracias a vosa aportación entre os dous centros recadamos 316€ que doamos a ONG "SAVE THE CHILDREN" a cal loita por conseguir os dereitos dos nenos/as mais desfavorecidos, traballando para que teñan o seu dereito á educación.

Despois da carrerira entre todos/as analizamos conflitos do noso día a día e formamos o noso mural da paz.



Para rematar a xornada, bailamos todos xuntos o baile da Carrasquiña.

Moitas gracias por a vosa participación vos esperamos para o ano que ven!!!!!!!

miércoles, 11 de diciembre de 2019

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS




O pasado venres 29 de novembro os nenas e nenos do cole de Bormoio-Agualada participaron nunha competición de campo a través. Esta primeira proba (fase comarcal) celebrouse en Carballo e a ela acudiron os nenos e nenas de  3º a 6º de Educación Primaria inscritos nas categorías de Benxamín, Alevín e Infantil do programa Xogade da Xunta. Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Deportivo do noso centro. 

Temos que felicitar a todo o alumnado participante polo esforzo realizado para rematar a carreira!! Tamén felicitar as dúas atletas Benxamíns Rihab Hrimou e Luana Huiban Monteagudo xa que foron clasificadas para a seguinte fase (fase intercomarcal) quedando no cuarto e séptimo posto respectivamente. Parabéns campeonas!

Clicade na foto e veredes un pequeno vídeo da carreira!





FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Boas nenos e nenas!!!!!  Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso: Con este vídeo despídome de vos, deséx...