jueves, 28 de mayo de 2020

#EumóvomeNaCasa..........Psicomotricidade

Boas nenos e nenas!

Hoxe déixovos un circuito de psicomotricidade para os nenos e nenas de educación infantil.




Espero que vos guste e se o realizades podedes enviarme as vosas fotos ou vídeos realizandoo. 


ÁNIMO  E A MOVERSEEEE!!!
😉💪🏽

miércoles, 27 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa......... RETO 10: INVENTA O TEU CIRCUITO


Boas nenos e nenas!!!!

Por fin tráiovos o Reto 10! Teredes que poñer en práctica todo o aprendido durante o curso e durante este trimestre na casa.

Listos??? 




Teño que dicirvos que este será o ultimo reto que vos propoña... xa que co bo tempo que esta a facer e según me comentades, estades facendo deporte e xogando pola vosa conta con amigos e familiares. Aínda así, non deixedes de estar atentos ao blogue, xa que seguirei subindo xogos e propostas de actividade física para xogar na casa!!!!!!
Tamén podedes seguir enviándome fotos ou vídeos dos retos anteriores, ou mandarme retos inventados por vos!!! 

A MOVERSEEEE E DIVERTIRSEEEE!!!!
😉💪🏽


viernes, 22 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa........Vídeos


Déixovos por aquí os vídeos recibidos dos retos das semanas anteriores....


RETO 3:

TOMÁS 3º



RETO 4: 

ALEJANDRO 2º




RETO 5:

DAVID 1º



HUGO 2º




ALEJANDRO 2º

                                         


XABI DE 2º NOS CONTA QUE LLE GUSTOU MOITO E QUE SALTOU 4 ZAPATILLAS!

MANU 4º


RETO 6: 

DAVID 1º


ALEJANDRO 2º




JOEL DE 2º QUE NOS CONTA QUE CONSEGUIU 76 PUNTOS!!!




MANUEL E VALENTÍN 3º




MANUEL 4º


SAMUEL 6º



PARABÉNS A TODOS E GRACIASS!!!!
 😉💪🏽

jueves, 21 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa.......RETO 9: RITMOSS!

 Boas nenos e nenas!!!

Hoxe déixovos o reto 9 que é moi sinxelo e divertido!!!!! imos a traballar a coordinación e a percepción do ritmo. Imitade os ritmos que vos propoño e mandarme o que mais os guste e un creado por vós. 





Espero que vos gustee e que vos divirtades!!!

ÁNIMOO E A MOVERSEEE!!
😉💪🏽

lunes, 18 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa....... RETO 8: XOGOS TRADICIONAIS

Boas nenos e nenas!!

Hoxe seguimos celebrando o Día das Letras Galegas, e por iso o Reto 8 consistirá en practicar distintos xogos tradicionais da nosa cultura. 
Lembrades o que son os xogos tradicionais? Son eses xogos que practicaban os nosos antepasados, é dicir os xogos aos que xogaban os vosos pais/nais, avós/avoas...
Aquí deixovos algúns deles, picade na imaxe para premer nos debuxos e ver os vídeos explicativos de cada un deles ou de cómo elaborar o material para xogar a eles.  




O reto 8, consistirá en practicar algún destes xogos que vos propoño, ainda que tamén podedes preguntarlle aos vosos avós/avoas, pais/nais a qué xogaban cando eran nenos e nenas coma vós, e mandarme un vídeo, foto, explicación ou debuxo das vosas propostas. 


ÁNIMO E A XOGARR!!!! 
😉💪🏽



jueves, 14 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa............RETO 7: MUIÑEIRA

Boas nenos e nenas!!!

Esta semana celébrase as Letras Galegas, e por iso desde educación física imos a somerxernos na nosa cultura galega. O faremos a través do baile típico de Galicia: a Muiñeira.
Dese o Ceip Canosa Rus, a mestra Ana de educación física fixo este marabilloso vídeo no que ensina os distintos ritmos e pasos necesarios para bailar a Muiñeira. 
O reto de hoxe por tanto, consiste en que fagades as tarefas que vos propón para coller o ritmo e finalmente bailar parte da muiñeira. Como veredes vaivos avisando ata onde debedes aprender por cursos e se ides aos 2 últimos minutos, teredes a música (en vivo) para poder bailala.




Anímovos a que o fagades sós ou coa vosa familia xa que é unha moi boa oportunidade para aprender a bailar a muiñeira e ao mesmo tempo é moi divertidoo!!
E se xa sabedes ou coñecedes outro tipo de muiñeira tamén podedes mandarma!

ÁNIMO E A BAILARRR!!!!!!! 
😉💪🏽

miércoles, 13 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa.......Psicomotricidade

Boas nenos e nenas!! 
Hoxe deixo unha sesión para os nenos e nenas de infantil, aínda que tamén a podedes realizar os do primeiro ciclo de primaria (1º e 2º). 



Primeiro comezaremos quentando e movendo todo corpo bailando a seguinte canción, estade moi atentos e ide facendo o que se vos indica!! 




Agora propóñovos o seguinte xogo: 





E por último volvemos á calma aprendendo a atar os cordóns, aquí déixovos dous vídeos que vos poden axudar. 





ÁNIMO A MOVERSE E A DIVERTIRSEEE!!!! 
😉💪🏽

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Boas nenos e nenas!!!!!  Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso: Con este vídeo despídome de vos, deséx...