miércoles, 11 de diciembre de 2019

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS




O pasado venres 29 de novembro os nenas e nenos do cole de Bormoio-Agualada participaron nunha competición de campo a través. Esta primeira proba (fase comarcal) celebrouse en Carballo e a ela acudiron os nenos e nenas de  3º a 6º de Educación Primaria inscritos nas categorías de Benxamín, Alevín e Infantil do programa Xogade da Xunta. Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Deportivo do noso centro. 

Temos que felicitar a todo o alumnado participante polo esforzo realizado para rematar a carreira!! Tamén felicitar as dúas atletas Benxamíns Rihab Hrimou e Luana Huiban Monteagudo xa que foron clasificadas para a seguinte fase (fase intercomarcal) quedando no cuarto e séptimo posto respectivamente. Parabéns campeonas!

Clicade na foto e veredes un pequeno vídeo da carreira!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Boas nenos e nenas!!!!!  Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso: Con este vídeo despídome de vos, deséx...