lunes, 3 de febrero de 2020

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro para conmemorar o día da paz e non violencia, organizamos  no pavillón de Agualada, unha xornada de convivencia co alumnado do noso cole e do CEIP As Forcadas de Corme.
Nela, os nenos e nenas dos dous centros participaron nunha carreira cooperativa solidaria, na que por equipos tiñan que conseguir un número de voltas entre todos os membros.
Para iso podían dar voltas ao circuito das seguintes formas:
- Voltas correndo cara diante (x1)
- Voltas cara atrás (x2)
- Voltas ao cabaliño (x3)
- A silla da raíña (x3)

Desta forma entre todo o equipo tiñan que ir sumando ata que conseguian 100 puntos en total.
Foi unha carreira diferente e moi divertida, na que compartimos moitos bos momentos.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada, recordade que podedes velas todas na páxina web do noso cole















Desde aquí queremos agradecer a vosa implicación na carreira e a colaboración entre todos os compañeiros e compañeiras, totalmente necesaria para superala.

Ademais coa realización desta carreira e gracias a vosa aportación entre os dous centros recadamos 316€ que doamos a ONG "SAVE THE CHILDREN" a cal loita por conseguir os dereitos dos nenos/as mais desfavorecidos, traballando para que teñan o seu dereito á educación.

Despois da carrerira entre todos/as analizamos conflitos do noso día a día e formamos o noso mural da paz.



Para rematar a xornada, bailamos todos xuntos o baile da Carrasquiña.

Moitas gracias por a vosa participación vos esperamos para o ano que ven!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Boas nenos e nenas!!!!!  Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso: Con este vídeo despídome de vos, deséx...