jueves, 26 de marzo de 2020

#EuMóvomeNaCasa....... BAILA COMO SE NINGUÉN TE ESTIVERA VENDO!


Boas nenos e nenas de Agualada!!

Como imos? Espero que ben e que continuedes movéndoos moito na casa. 

Hoxe propóñovos un RETO ESPECIAL! coñecedes o divertidisimo baile do cadrado?

Premendo Aquí tedes a coreografía do baile, como vedes é un baile moi sinxelo que todos e todas os nenos e nenas do cole podedes realizar, desde infantil ata 6º. Soamente tedes que ir seguindo os pasos que se vos indica e divertiros moito!

o RETO consiste en bailar a coreografía, sos ou con quen queirades, gravar un vídeo e mandalo ao meu correo. As córeos mais orixinais recibirán unha sorpresa! Ah, e non vos esquezades de ser creativos coas vosas vestimentas!

Quen se atreve?

Ademais, gustaríame compartir con vós, diferentes recursos que podedes encontrar online para bailar. O baile é unha boa forma de mover o esqueleto ao mesmo tempo que vos divertides! Premendo nos seguintes nomes, deixovos os vídeos das miñas cancións favoritas pero dentro da plataforma de Youtube tanto no "cantajuegos" para os mais pequenos, como "just dance" para os de primaria, podedes encontrar un montón de cancións e elixir as que mais vos gusta. 




“EL CANTAJUEGO”:  







“ZUMBA KIDS”



JUS DANCE DISNEY: 






JUST DANCE ACTUAL










ÁNIMO E A MOVER O ESQUELETOOOO!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Boas nenos e nenas!!!!!  Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso: Con este vídeo despídome de vos, deséx...