lunes, 16 de marzo de 2020

#EuMóvomeNaCasa..... 14 DÍAS- 14 RETOS

Estes días están sendo un tanto especiais e a situación actual fai que non poidamos continuar coas nosas clases de educación física habituais. 

Para evitar que o virus se expanda, pídennos que quedemos na nosa casa e cancelemos as nosas actividades físicas habituais... peeroo...  Quen dixo que estar na casa impide a práctica de exercicio físico???
Desde aquí gustaríame recordarvos a importancia de que os movades, de facer actividade física xa que como ben sabedes é moi importante para a vosa saúde, e estar moito tempo no sofá vendo a TV, tablet consolas.... pode ser moi prexudicial para vós. 

Por iso, vos propoño 14 divertidos retos físicos para realizar na casa, un para cada día. Podedes practicalos e repetilos tantas veces como queirades ata conseguilos, sos ou con vosos familiares. 
Podedes facelos na orde que queirades, segundo os vaiades conseguindo ide anotando nun folio o número do reto coa data do día. Ademais vos invito, se podedes, a que fagades fotos ou vídeos que o demostren e mandalos ao meu correo, 
Estarei encantada de recibilos!!!

VOS ATREVEDES????







Aquí vos quedan e recordade....

MÓVETE NA CASA!


2 comentarios:

  1. Podedes contarnos como van indo eses retos comentando neste apartado!!!!

    ResponderEliminar
  2. Tamén podedes propoñer novos retos e retar aos vosos compañeiros e compañeiras!! 😉😉😉

    ResponderEliminar

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Boas nenos e nenas!!!!!  Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso: Con este vídeo despídome de vos, deséx...