viernes, 17 de abril de 2020

#EuMóvomeNaCasa............... Acrosport


Bo día nenos e nenas!

Espero que todos e todas vós e as vosas familias esteades moi ben e que sigades movéndoos moito na casa. Como van eses retos??? Tendo en conta que a semana pasada foron vacacións de Semana Santa,  agora deberiades estar rematando a segunda franxa de retos que vos mandei.
Por se xa os rematastes, quería propoñervos unha nova actividade relacionada cun deles. O reto 6, consistía en facer coa axuda da vosa familia e cos vosos corpos as diferentes letras do abecedario: 




Se ides sacando fotos as letras que formades co corpo, e logo as xuntades nun mesmo documento, podedes crear palabras ou oracións e incluso trasmitir unha mensaxe. No seguinte vídeo móstrovos como os compañeiros de 5º e 6º o fixeron ao longo deste trimestre. Foi moi divertido!!!! Anímovos a que o probedes coa axuda dos vosos irmáns, nais, pais, avós, avoas sempre tendo en conta e respectando as condicións deste confinamento.    




Ademais gustaríame resaltar o traballo destes nenos e nenas, xa que, con esforzo e dedicación e colaborando entre eles, chegaron a construír grandes figuras e pirámides co corpo. Esta técnica denomínase
 Acrosport, que é un deporte a que combina a formación de figuras, pirámides e acrobacias co corpo. 
Como estou segura de que votades moito de menos aos vosos compañeiros e compañeiras, fixen un vídeo coas fotos que fostes sacando e así recordar os bos momentos que pásachedes xuntos. Disfrutade do vídeo!




ÁNIMOOOO E A MOVERSEEEE!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Boas nenos e nenas!!!!!  Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso: Con este vídeo despídome de vos, deséx...