jueves, 7 de mayo de 2020

#EuMóvomeNaCasa..... RETO5: shoeschallenge

Boas nenos e nenas!!! 

Xa tedes o novo reto de esta semana.

Con este reto imos a traballar o tren inferior do corpo en gran medida e a forza explosiva, polo que para evitar lesións imos a quentar antes de realizalo. 
Aquí vos deixo un pequeno Quecemento: 

QUECEMENTO RETO5 EF from CEIP Bormoio Agualada on Vimeo.


Ademais e aconsellable que o fagades nun terreo brando, se tedes a posibilidade de facelo sobre herba mellor. Se non no pasa nada! Aí o tedes! 

Ide engadindo unha ou dúas zapatillas por cada salto, ata que vexades que xa non sodes capaces de saltar máis. Para evitar problemas á hora de mandarme os vídeos, podedes enviar soamente os últimos saltos ou unha foto da fila de zapatillas que conseguiches saltar. 
Cando rematedes de facelo e necesario estirar, déixovos un vídeo: 




ÁNIMO A MOVERSE E A DIVERTIRSEEE!!! 
😉💪🏽

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Boas nenos e nenas!!!!!  Premade na imaxe e veredes o vídeo do festival de fin de curso: Con este vídeo despídome de vos, deséx...