Con este reto imos a traballar o tren inferior do corpo en gran medida e a forza explosiva, polo que para evitar lesións imos a quentar antes de realizalo.
Ademais e aconsellable que o fagades nun terreo brando, se tedes a posibilidade de facelo sobre herba mellor. Se non no pasa nada! Aí o tedes! Ide engadindo unha ou dúas zapatillas por cada salto, ata que vexades que xa non sodes capaces de saltar máis. Para evitar problemas á hora de mandarme os vídeos, podedes enviar soamente os últimos saltos ou unha foto da fila de zapatillas que conseguiches saltar.
Cando rematedes de facelo e necesario estirar, déixovos un vídeo:
O reto de hoxe consiste en
realizar o xogo que vos deixo a continuación no menor tempo posible. Rétovos a
que fagades os 3 niveis que se vos propoñe!!! Podedes realizalo as veces que queirades
e mandarme o mellor resultado que obteñades de cada nivel. Competiredes
entre os compañeiros e compañeiras do voso cursoooo!! Podedes deixar un
comentario cos vosos resultados o mandarmos ao correo! Estou segura que o ides
a facer todos xenial!!!! 😜
Para colocar os papeis na parede pedide
axuda aos vosos familiares!!!. Se non pode ser posible colocalos na parede
podedes tamén facelo no chan, colocando os papeis ou debuxándoo cunha
tiza. Tamén podedes mandar foto co resultadoooo!!
Espero que vos guste e vos divirtades moito
facéndoo!!!!😉
Hoxe é xoves e por tanto aquí vos deixo o Reto 3. Espero que vos guste e
que vos divirtades facéndoo!!!!
Estades listos???
Como vedes eu utilicei como material un rolo de papel hixiénico porque seguro que todos tedes un na casa 😁, pero tamén podedes usar unha pelota, uns calcetíns, un coxín ou o que se vos ocorra!!!!!!😉😉
Hoxe é un día especial, porque é o Día da Educación Física na Casa, sisi na casa. Normalmente se celebra o día da Educación Física na calle e se sacan as sesións de EF dos coles á rúa. Como este ano non pode ser posible, celebrámola na casaa!!
Por iso hai que demostrar ao mundo que a nosa EF pode con todo e que aínda que non tiñamos cole nós movémonos igual.
Para celebralo, déixovos unha sesión de educación física feita por a profe Josune Rodríguez, que é moi moi moi divertida e completa. Disfrutade moito con elaa!!! para vela premade no seguinte enlace: